martes, 18 de marzo de 2014

    Este cadro pinteino o verán pasado e solo o saquei unha vez a rúa no mercadillo en Chantada . Aproximadamente mide 50x100cm.;agora non podo concretar o tamaño, o que si podo concretar e que o prezo que estimo e de 50 euros . Se hay algún interesado so ten que poñerse en contacto conmigo por teléfono ;600810488 ou ben mediante correo electrónico tendo como destinatario ;jairoramosrey@gmail.com

mércores, 5 de marzo de 2014

Rematóu o entroido Ribeirao , e todo parece quedarse mudo , o volante corre rapido a gardar o pucho ata o ano seguinte . Os veciños quedan reflexivos pois viron unha vez máis unha representación que os devolve  a sua xuventude . O "choro do pucho" e o ritual que da fin a esta festa . É un choro interno de cada veciño , un choro de alegría , no que tamén se atopa a nostalxia e o cansancio fisico .
Eu quedome coa sensación de haber podido intuir o sentir de esta xente . Probablemente o ano que ven non leve conmigo a cámara .
choro do pucho martes 4 de marzo de 2014
      Esta e a  miña foto preferida do entroido , e non a fiñen eu .